Querida e adorada Chiquipandi, aquí atoparedes:


1. Vídeos, xogos e outras actividades para traballar os temas de Ciencias.

2. Fotos dos traballos e proxectos realizados na aula.

3. Fotos das festas, saídas e visitas.


xoves, 30 de xaneiro de 2020

Doutores e Doutoras de 6º EP.

Esta mañá, para continuar traballando o noso corpo, adentrámonos no Sistema Nervioso.

Creamos neuronas con plastilina e sinalamos as súas partes e funcións.






Seguide traballando así!! 👏


mércores, 29 de xaneiro de 2020

Doutores e Doutoras de 6º EP.

Esta mañá, os alumnos e alumnas de Educación Infantil visitaron a nosa aula coa súa mestra Bea para cantarnos unha canción que aprenderon sobre O CORPO HUMANO.

Ademáis, contáronnos todo o que saben sobre o corpo e nós aprendimos un pouco máis con eles. Tamén aproveitamos para facerlles algunas preguntas e ensinarlles algunhas cousas novas.





 Moitas gracias pola visita, peques!! 😍😘

venres, 24 de xaneiro de 2020

CCNN. Unidade 3. A función de Relación: Sistema Nervioso.

Esquemas para estudar o Sistema Nervioso


Pincha aquí


Vídeos para repasar O Sistema Nervioso

Sistema Nervioso 1

Sistema Nervioso 2

Sistema nervioso 3

Sistema Nervioso e Neuronas


A NEURONA

As células que constitúen o sistema nervioso, chámanse NEURONAS, teñen forma de estrela e a súa unión permite que se transmita a información entre elas. Establécese, así. unha ampla rede de comunicación no noso organismo.



Xogos sobre o Sistema Nervioso.

Xogos: Sistema nervioso central e periférico

Xogo Sistema Central

Avaliación Sistema Nervioso


xoves, 23 de xaneiro de 2020

Doutores e Doutoras de 6º EP.

Continuamos coa nosa labor médica!!!

Rematada a nosa investigación sobre os órganos dos sentidos, traballamos a aparato locomotor (sistema óseo e sistema muscular).

Completamos nas fichas as partes de ambos sistemas e situamos na pantalla dixital os ósos e músculos que nos indican os nosos compañeiros.






 Seguide traballando así e non esquezades repasar un pouco na casa! 😉



xoves, 16 de xaneiro de 2020

Doutores e Doutoras de 6º EP.

Continuamos estudando o corpo humano. Estes días traballamos a Función de Relación e especializámonos nas partes do noso corpo que a compoñen.

1. ÓRGANOS DOS SENTIDOS: Vista, oído olfato, gusto e tacto.

2. SISTEMA NERVIOSO: Sistema nervioso central e periférico.

3. APARATO LOCOMOTOR: Sistema óseo e sistema muscular.

Para levar a cabo esta tarea traballamos por grupos: buscamos información nos ordenadores, vemos vídeos, poñemos en común todo o aprendido, etc.








 BO TRABALLO, Doutores e Doutoras!! 👏



CCNN. Unidade 3. A función de Relación: O aparato locomotor.

Vídeos relacionados co Aparato Locomotor.

O aparato locomotor 1

O aparato locomotor 2

O aparato locomotor: Sistema óseo

Curiosidades do Esqueleto

O aparato locomotor: Sistema muscular








xoves, 9 de xaneiro de 2020

Doutores e Doutoras de 6º EP.

Ao longo deste segundo trimestre, os membros da Chiquipandi estudaremos "O Corpo Humano" na materia de Ciencias Naturais.

Para coñecer máis de cerca o noso corpo, convertirémonos en doutoras e doutores e investigaremos paso a paso cada unha das partes do noso organismo, ata converternos en verdadeiros especialistas.

A continuación aparece un esquema do percorrido que faremos:

FUNCIÓN DE RELACIÓN
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
1. Órganos dos Sentidos
2. Sistema Nervioso
3. Aparato Locomotor
1. Aparato Reprodutor Feminino
2. Aparato Reprodutor Masculino
1. Aparato dixestivo
2. Aparato Respiratorio
3. Aparato Circulatorio
4. Aparato Excretor

Para comezar esta andadura, esta mañá diseñamos as nosas batas brancas.

Xa estamos preparados para esta aventura!!








 ÁNIMO CHIQUIPANDI!!! 💪💪💪