Chiquipandi, déixovos aquí a mesma fotocopia entregada e explicada na clase a semana pasada cos puntos do traballo de investigación de Ciencias Sociais.
TRABALLO DE CIENCIAS
SOCIAIS
SEGUNDO TRIMESTRE
Este segundo
trimestre, para traballar en maior profundidade O
SECTOR TERCIARIO: AS EMPRESAS, realizaredes un traballo individual no cal terán
que aparecer os puntos que se recollen a continuación e na orde estipulada.
1. Portada
2. Índice
3. Introdución
4. A publicidade
e a publicidade enganosa
5. O consumo
responsable e a compra compulsiva
6. Campaña publicitaria*
7. A economía
das empresas
8. O papel do
Estado na economía
9. A economía
das familias
10. O diñeiro e
o aforro
11. Tipos de
empresas
12.
Departamentos dunha empresa
13. O espírito
emprendedor
14. Conclusión
15. Bibliografía
Para
buscar información utilizaredes o libro de texto da materia e poderedes
engadirlle debuxos propios ou imaxes que atopedes por internet, periódicos,
revistas… (sempre relacionadas co tema).
Podedes facer o traballo a ordenador, excepto o
punto 6. *En este apartado tedes que
elaborar a vosa propia campaña publicitaria para vender un produto. No anuncio
deben aparecer os seguintes elementos: un slogan, un logotipo e unha imaxe
impactante.
OLLO
coas marxes e coas faltas de ortografía!!! Non esquezades ningún apartado e
revisade que estén ordenados antes de grapar o traballo.
DATA
LÍMITE DO TRABALLO: MÉRCORES 18 DE MARZO
|
NOTA IMPORTANTE:
- Facede o traballo pouco a pouco e preguntade as dúbidas na clase.
- Non deixedes todo para o último día!!!
Boa semana de entroido, Chiquipandi!!! 😃
Ningún comentario:
Publicar un comentario