Querida e adorada Chiquipandi, aquí atoparedes:


1. Vídeos, xogos e outras actividades para traballar os temas de Ciencias.

2. Fotos dos traballos e proxectos realizados na aula.

3. Fotos das festas, saídas e visitas.


mércores, 19 de febreiro de 2020

SAÍDA ALCAMPO

Esta mañá, as nenas e nenos de 6º EP tiveron unha saída ao hipermercado Alcampo da Avenida de Madrid.

O obxectivo principal desta visita foi observar máis de cerca os tres sectores económicos (primario, secundario e terciario), estudados na materia de Ciencias Sociais neste trimestre.

Dentro do hipermercado visitamos diferentes seccións (froitería, carnicería, pescadería...), onde aprendimos un montón de cousas novas gracias as persoas que nos acompañaron na visita. 

Ademais tivemos a sorte de entrar en zonas restrinxidas ao público, como os almacéns ou o espazo onde prensan o cartón. Para entrar na zona de panadería e pastelería tivemos que empregar gorro, mascarilla, bata e patucos. Estabamos moi favorecidos!!

Foi unha saída moi interesante, na que ademais de aprender cousas sobre os sectores económicos, divertímonos moito durante a camiñada de ida e volta (aínda que despois de tanto cantar, bailar e saudar... non sei eu se os peóns e condutores pensarán o mesmo...😅). 

Déixovos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos!!👏

























Agradecer a amabilidade e a implicación de todas as persoas que nos acompañaron na visita e por explicarnos tantas cousas. Tamén por enchernos a barriga ao rematar a visita con croissants e zumos. Moitas gracias!! 

E gracias tamén a vós, Chiquipandi, por unha mañá máis aprendendo xuntos!!😍