Chiquipandi, déixovos aquí a mesma fotocopia entregada e explicada na clase esta semana cos puntos do traballo de investigación de Ciencias Sociais.
TRABALLO DE CIENCIAS SOCIAIS
PRIMEIRO TRIMESTRE
Este primeiro trimestre, para traballar en maior profundidade A PAISAXE, realizaredes un traballo individual no cal terán que aparecer os puntos que se recollen a continuación e na orde estipulada.
1. PORTADA
2. ÍNDICE
3. INTRODUCIÓN
4. A PAISAXE
5. A PROTECCIÓN DAS PAISAXES
6. TIPOS DE ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS
7. A PAISAXE HUMANIZADA
8. A PAISAXE NATURAL
9. O CONSUMO INSUSTENTABLE
10. O DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE
11. CONCLUSIÓN
12. BIBLIOGRAFÍA
Para buscar información utilizaredes o libro de texto da materia e poderedes engadirlle debuxos vosos ou imaxes que atopedes por internet, periódicos, revistas… (sempre relacionadas co tema).
Os apartados que están marcados en negriña aprenderemos a facelos todos xuntos na clase.
OLLO COAS MARXES!!! Recordade que ao escribir sobre folla branca debedes respetalas á esquerda, á dereita, arriba e abaixo. Empregade a plantilla máxica.
OLLO COAS FALTAS DE ORTOGRAFÍA!!! Revisade ben todo o traballo unha vez rematado.
DATA LÍMITE DO TRABALLO: MÉRCORES 27 DE NOVEMBRO
|
NOTA IMPORTANTE:
Facede o traballo pouco a pouco e preguntade as dúbidas na clase.
Facede o traballo pouco a pouco e preguntade as dúbidas na clase.
Non deixedes todo para o último día!!!
Bo fin de semana, Chiquipandi!!! 😃