Célula animal? Célula vexetal? Mitocondria? Citoplasma? Cloroplasto?…
Alguén sabe de que falamos?
Os alumnos e alumnas de 6º EP sí!
Estes días, os nenos e nenas de 6º de primaria traballaron en equipo creando células con plastilina para aprender todas as súas partes de forma máis divertida.
Que fácil é aprender así!
A continuación móstrase o resultado do seu traballo: