Querida e adorada Chiquipandi, aquí atoparedes:


1. Vídeos, xogos e outras actividades para traballar os temas de Ciencias.

2. Fotos dos traballos e proxectos realizados na aula.

3. Fotos das festas, saídas e visitas.


luns, 23 de marzo de 2020

Actividades para los días de Cuarentena. 2ª SEMANA.

Bos días, chicos e chicas!!

Aquí tedes as actividades para esta segunda semana de corentena. Ánimo!! Podemos con ela e con todo o que veña por diante!!💪

LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES OBRIGATORIAS:
1.  Facer unha descrición dos tres protagonistas da película de “Asterix o galo”: Asterix, Obelix e Panoramix.

Para facer a descrición de cada personaxe tedes que seguir os pasos que aparecen a continuación. Lede o exemplo, pode servirvos de axuda.

Pasos
Exemplo
1. RASGOS FÍSICOS XERAIS
Sexo, idade, estatura, complexión…
É un rapaz novo, forte e de mediana estatura. 
2. COMO É O SEU FÍSICO?
Cabelo, pel, cara, ollos, nariz, boca, voz…
É louro, ten a pel clara, os ollos azuis como o mar, o nariz chato e os beizos finos.
3. COMO É O SEU CARÁCTER?
É un neno risueño, intelixente, algo nervioso e inquedo, e moi creativo.
4. COMO VAI VESTIDO?
A súa forma de vestir é de estilo informal, cómodo, deportivo e moderno.
5. QUE LLE GUSTA FACER?
Gústalle facer deporte e a lectura, e colabora nas tarefas da biblioteca escolar.

Recordade escribir cada paso nun parágrafo diferente. É dicir, cada descrición debe contar con cinco parágrafos separados por punto e aparte.

Ademais, nas descricións é moi importante empregar adxectivos, que son palabras que expresan cualidades dos substantivos aos que acompañan. A continuación tedes unha lista con moitos exemplos de adxectivos que podedes empregar nas vosas descricións.

EXEMPLOS DE ADXECTIVOS

SEGÚN O CORPO: alto, atlético, baixo, robusto, corpulento, lixeiro, esbelto, delgaducho, débil, firme, forte, gordo, áxil, deportivo, xoven, torpe, barrigudo, flaco, delgado, vello, san…

CABELO: brillante, sucio, castaño, rizado, coidado, fino, sedoso, liso, negro, ondulado, recollido, louro, despeinado…

COLOR DA PEL: pálido, rosado, albino, moreno, blanquecino, bronceado…

CARA: ancha, amplia, alongada, dulce, dura, triste, expresiva, inexpresiva, redonda, delgada, tranquila....

OLLOS: azulados, verdes, grandes, pequenos, escuros, redondos, soñadores, tristes, vivos…

NARIZ: aguileña, chata, ampla, redonda, fina, longa, puntiaguda, recta, torcida, pequena...

LABIOS: blanquecinos, rosados, estreitos, finos, grandes, delgados, anchos…

CARÁCTER: alegre, antipático, atento, atrevido, serio, traballador, educado, entusiasta, xeneroso, listo, malhumorado, malicioso, mentiroso, gruñón, valente, burlón, desperto, fanfarrón, feliz, fel, presumido, desvergonzado, medroso, prudente, bruto, calmado, confiado, cobarde, culto, groseiro, chiflado, sabiondo, serio, simpático, sinceiro, sociable, solitario, soso, soñador, decidido, desordenado, divertido, dócil, intelixente, orgulloso, rebelde, chorón, triste, tímido…

Aquí tedes o enlace de YouTube por si necesitades recordar aos personaxes da película: https://www.youtube.com/watch?v=9Hi0U0z7VXc
Tamén podedes atopala poñendo no buscador de YouTube “Asterix o galo - Película de animación en galego”.

2.   Ao rematar a descrición de cada personaxe, podedes facer un debuxo de cada un no que mostredes os rasgos máis característicos. Recordade facer as descricións en galego e pintar os debuxos. OLLO coas faltas de ortografía e cos signos de puntuación!!!
  

3.   No caso de ler un libro en vez de ver a película, tedes que facer a descrición de tres personaxes importantes do libro. Seguide os pasos que aparecen anteriormente para facer a descrición e revisade a lista de adxectivos que podedes empregar. Despois podedes facer un debuxo de cada personaxe resaltando os rasgos máis característicos. Recordade facer as descricións en galego e pintar os debuxos. OLLO coas faltas de ortografía e cos signos de puntuación!!!


ACTIVIDADES OPCIONAIS:
1.    Se tedes o libro de Lingua Galega na casa, podedes estudar a Unidade 6 para o exame que temos pendente e comezar a ler a Unidade 7.

2.   Como outra actividade opcional para traballar a materia de lingua galega, déixovos unha tarefa que xa publiquei no Blog:“OBXECTO MÁXICO DE MELLORES MOMENTOS”.
https://antiaserendipia.blogspot.com/2020/03/obxecto-maxico-de-mellores-momentos.html



CIENCIAS NATURAIS E CIENCIAS SOCIAIS

Para as materias de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, debedes estar pendentes do Blog.

Continuarei publicando vídeos, xogos e actividades para repasar os contidos das materias de Ciencias durante estes días de corentena.

Ademais, aqueles alumnos e alumnas que estades pendentes de entregar o traballo de Ciencias Sociais do segundo trimestre, podedes envialo ao meu correo electrónico: profeantia@gmail.com


Déixovos a páxina web do cole para que vexades as tarefas que tedes que facer para o resto de materias.
https://colegiosanfernandovigo.com/tareas-para-casa-durante-la-suspension-de-las-clases-por-el-coronavirus-2-2/


MOITO ÁNIMO PARA VÓS E PARA AS VOSAS FAMILIAS!!
UN ABRAZO MOI GANDRE!!💗


Recordade que calquera cousa que necesitedes, podedes falar conmigo clicando no seguinte correo:
profeantia@gmail.com

Estarei encantada de recibir noticias vosas!!😊

3 comentarios:

  1. Profe pero os demais ecercicios das otras asignaturas en que libreta as fago porque as demais libreta as dexei na clase eu so tengo a de galego,soci e natu

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non pasa nada. Podes facelos nunha libreta que teñas na casa que non utilices ou en folios. Se non tes, podes empregar a libreta de galego ou a de natu/soci.

      Despois cando volvamos ao cole podes pegar cada cousa na súa libreta ou gardar todo nunha carpeta. Xa vos dirán os profes de cada materia.

      Espero que estés moi ben!!

      Ánimo e continua traballando así de ben!!

      Eliminar