Querida e adorada Chiquipandi, aquí atoparedes:


1. Vídeos, xogos e outras actividades para traballar os temas de Ciencias.

2. Fotos dos traballos e proxectos realizados na aula.

3. Fotos das festas, saídas e visitas.


mércores, 25 de marzo de 2020

CCNN. Unidade 4. Función de Nutrición: Aparato Circulatorio.


Como xa vimos anteriormente, na función de nutrición interveñen o aparato dixestivo, o aparato respiratorio, o aparato circulatorio e o aparato excretor.

A continuación tedes un cadro no cal aparece resumida a función de cada aparato e as distintas partes que o forman.

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
APARATO DIXESTIVO
APARATO RESPIRATORIO
APARATO CIRCULATORIO
APARATO EXCRETOR
Encárgase de realizar a dixestión. Transforma os alimentos nos nutrientes que o organismo necesita.
Encárgase do proceso da respiración. Toma o osíxeno do aire para que chegue a todas as células do organismo, e expulsa o dióxido de carbono que se xera nas células.
Encárgase de distribuír a todas as células, os nutrientes e osíxeno que necesitan. Tamén recolle as substancias de refugallo e o dióxido de carbono que as células producen para levalos ata os órganos encargados de expulsalos ao exterior.
Encárgase de realizar a excreción. Elimina as substancias de refugallo que xeran as células e que transporta o sangue.
- Tubo dixestivo: composto pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.
- Glándulas dixestivas: formado polas glándulas salivares, o páncreas e o fígado.
- Vías respiratorias: compostas polas fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios.
- Pulmóns: no seu interior atópanse os alveolos pulmonares.
- Vasos sanguíneos: clasifícanse en veas, arterias e capilares.
- Corazón: aurículas, ventrículos e válvulas.
- Sangue: glóbulos brancos, glóbulos vermellos, plaquetas e plasma sanguíneo.
-Aparato urinario: composto dos riles, os uréteres, a vexiga urinaria e a uretra.
- Glándulas sudoríparas: atópanse na pel e producen a suor.


Esta semana estudaremos o Aparato Circulatorio. Aquí tedes un vídeo para coñecer o Aparato Circulatorio e para repasar os aparatos estudados anteriormente (aparato dixestivo e respiratorio).

- Vídeo Aparato Circulatorio, Respiratorio e Dixestivo:


O APARATO CIRCULATORIO

O Aparato Circulatorio é o encargado de distribuír a todas as células do organismo, os nutrientes e o osíxeno que necesitan. Tamén recolle as substancias de refugallo e o dióxido de carbono que as células producen para levalos ata os órganos encargados de expulsalos ao exterior. O aparato circulatorio está formado polos vasos sanguíneos, o corazón e o sangue que circula por eles.



ACTIVIDADE 1
Investiga o Aparato Circulatorio nas seguintes páxinas web ou no libro de texto, e despois copia a tabla no teu caderno e completa os espacios en branco coa información que falta. Tamén podedes atopar as respostas nos vídeos da Actividade 2.
- O aparato circulatorio.

- O sangue.

- O corazón.

- Enfermidades do sangue.

Aparato Circulatorio
Funcións:
Vasos sanguíneos
Corazón
Sangue
Definición:
Definición:
Definición:
Formados por
Formado por
Formado por
- Veas:
- Arterias:
- Capilares:
- Aurículas:
- Ventrículos:
- Válvulas:
- Glóbulos brancos:
- Glóbulos vermellos:
- Plaquetas:
- Plasma:

Para saber máis sobre o aparato circulatorio, botádelle un ollo a estas páxinas web.



ACTIVIDADE 2
Repasa o Aparato Circulatorio a partir dos seguintes vídeos e xogos.
Aparato Circulatorio: vasos sanguíneos, corazón e sangue.

 Xogos: Aparato Circulatorio.
Veas e arterias.
Corazón.
Corazón (vista exterior).

Debuxa no teu caderno o CORAZÓN ou descarga e pega no caderno a seguinte imaxe e nomea as súas partes. Non esquezas colorear cada parte da súa cor (azul e vermello).



ACTIVIDADE 3
Realiza un traballo de investigación nas páxinas web e vídeos dos exercicios anteriores e contestas a estas tres preguntas no teu caderno. (Copiade as preguntas).
1.  Explica a diferenza entre circulación menor e circulación maior.
2.  Explica a diferenza entre os dous movementos do corazón: sístole e diástole.
3. Explica cales son as enfermidades que podemos sufrir derivadas do aparato circulatorio.


Aquí tedes a tarefa de Ciencias Naturais para os próximos días.

Traballade un pouco cada día e non acumuledes traballo de outras semanas. Todas as actividades de Ciencias Naturais da semana pasada xa teñen que estar rematadas. Organizade ben o traballo!!

Como xa vos dixen, calquera cousa que necesitedes, podedes falar conmigo a través do correo profeantia@gmail.com, deixando un comentario debaixo da publicación ou a través do chat do Blog.


Moito ánimo, Chiquipandi!!! Xa queda menos!! 💪


Un bico grande e un abrazo enorme!! 💗


10 comentarios:

  1. Profe o 13 de Abril
    volvemos ao colexio??

    ResponderEliminar
  2. Profe en algunhas paxinas webs non me deixa entrar porque???

    ResponderEliminar
  3. Profe non entiendo o exercicio 3 Beni

    ResponderEliminar
  4. Se non funcionan algunhas páxinas web, tes as respostas nas dúas imaxes que publiquei do libro de texto ou nos vídeos que aparecen na actividade 2. Tamén podes buscar as respostas en internet.

    Na actividade 3 tes que definir: circulación maior, circulación menor, sístole e diástole; e nomear algunhas enfermidades do aparato circulatorio. Tes as respostas nas páxinas web, nos vídeos, no libro de texto ou podes buscalas ti en internet.

    En canto á pregunta de volver ao cole o día 13, todavía non se sabe. Todo depende de como evolucione esta situación. Xa nos informarán nos medios de comunicación.

    Moito ánimo, Beni!!

    Continua traballando así de ben!!

    ResponderEliminar
  5. A duda ya la resolvi y grazas por esforzarte tanto neste blog para que nos non nos aburramos tanto na casa porque aunque non o creas eu me divierto moitìsimo xogando aos xogos facendo a botella maxica e a piradime alimentia.E por certo a piradime alimenticia vou facela nunha cartulina grande se pode??

    Un abrazo (Beni)

    ResponderEliminar
  6. Profe nas paxinas webs aparece circulacion cerrada e circulacion aberta e o mesmo que circulacion maior e circulacion menor??

    (Beni)

    ResponderEliminar
  7. Podes facer a pirámide alimenticia como máis che guste. Todas as ideas son válidas!!

    Busca na páxina que che deixo a continuación a definición de circulación maior e circulación menor. Fíxate no índice que aparece ao inicio da páxina e busca o apartado que ten a resposta. (Copia o enlace no buscador de google).

    https://preparaninos.com/el-corazon-y-sus-partes-para-ninos/#Cual_es_la_Circulacion_Mayor_y_Menor

    Tamén tes a resposta na páxina 78 do libro de texto, no cadro "Lembra". Tes unha foto desta páxina do libro na publicación.

    Espero que che sirva de axuda!!

    Un bico grande!!

    ResponderEliminar