Querida e adorada Chiquipandi, aquí atoparedes:


1. Vídeos, xogos e outras actividades para traballar os temas de Ciencias.

2. Fotos dos traballos e proxectos realizados na aula.

3. Fotos das festas, saídas e visitas.


martes, 17 de marzo de 2020

CCNN. Unidade 4. Función de Nutrición: Aparato Dixestivo e Respiratorio.

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

Son numerosos os aparatos e sistemas que interveñen na función de nutrición. Grazas a eles, o noso organismo realiza os procesos da dixestión, da respiración, da circulación sanguínea e da excreción.

Os novos avances tecnolóxicos e científicos lograron mellorar notablemente a calidade de vida das persoas, pero debemos ser responsables coa nosa saúde. Convén adoptar hábitos de vida saudables e evitar o consumo de substancias nocivas para o corpo.

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
Aparato
Dixestivo
Aparato
Respiratorio
Aparato
Circulatorio
Aparato
Excretor


ACTIVIDADE 1
A partir do visionado dos seguintes vídeos, contesta no caderno as seguintes preguntas sobre a función de nutrición. (Copiade as preguntas)

1.   Que é a función de nutrición?
2.   Que aparatos e sistemas interveñen na función de nutrición?
3.   Cal é a misión de cada aparato?
4.   Que importancia ten para a saúde levar unha dieta sana e equilibrada?

* Para contestar a estas preguntas podes ver o vídeo citado anteriormente ou empregar o libro de texto de Ciencias Naturais.



ACTIVIDADE 2
Investiga a seguinte páxina web sobre A Pirámide Alimenticia e contesta no teu caderno estas preguntas. (Copiade as preguntas)

1.     Que alimentos debemos consumir a diario?
2.     Que alimentos debemos consumir con frecuencia?
3.     Que alimentos debemos consumir ocasionalmente?

A partir do visionado dos seguintes vídeos, creade unha pirámide alimentaria.

Podedes debuxar e pintar a pirámide alimenticia no voso caderno, pero se queredes ser máis orixinais podedes crear unha maqueta. Aquí tedes dous vídeos que poden servir de exemplo. Podedes facela como vos queirades. Aproveitade que pasamos moito tempo aburridos na casa para crear unhas pirámides chulísimas!!! Á volta podemos expoñelas na clase.



ACTIVIDADE 3
Repasa os aparatos Dixestivo e Respiratorio a partir dos seguintes vídeos e xogos.

§  Aparato Dixestivo e Dixestión.

§  Aparato Respiratorio e Respiración.

§  Xogos: Aparato Dixestivo.

§  Xogos: Aparato Respiratorio.

Debuxa no teu caderno o Aparato Dixestivo e o Aparato Respiratorio ou imprime e pega as seguintes imaxes e nomea as súas partes. Non esquezas colorear cada parte dunha cor diferente.



Aquí tedes a tarefa de Ciencias Naturais para os próximos días. 

Como xa vos dixen, calquera cousa que necesitedes, podedes falar conmigo a través do corrreo profeantia@gmail.com ou deixando un comentario debaixo da publicación.

Ánimo Chiquipandi!!!💪 Cada vez estamos máis preto de que todo volva a normalidade.

Non sei vos… pero eu xa vos boto de menos!!😥💔

Un bico grande e coidádevos moito, meus chicos e chicas!!😘😘


1 comentario: