Querida e adorada Chiquipandi, aquí atoparedes:


1. Vídeos, xogos e outras actividades para traballar os temas de Ciencias.

2. Fotos dos traballos e proxectos realizados na aula.

3. Fotos das festas, saídas e visitas.


xoves, 19 de marzo de 2020

CCSS. Unidade 4. O Sector Terciario: As Empresas.

O SECTOR TERCIARIO: AS EMPRESAS

A medida que unha sociedade se industrializa, van perdendo importancia os sectores primario e secundario, e cada vez é menor a poboación activa que traballa neles. Ao mesmo tempo, o desenvolvemento do sector terciario ou de servizos supón unha tranformación profunda da sociedade e dos hábitos de consumo.

ACTIVIDADE 1
REPASO DA INDUSTRIALIZACIÓN
A partir dos seguintes vídeos e páxinas web, contesta as seguintes preguntas no caderno. (Copia as preguntas).
1. Que é a Revolución Industrial?
2. Onde comezou a Revolución Industrial?
3. Cando comezou a Revolución Industrial?
4. Canto durou a Revolución Industrial?
5. En cantas etapas se divide a Revolución Industrial? Explícaas.
6. Cales foron os inventos máis importantes?


Vídeos:

Páxinas web:



ACTIVIDADE 2
REPASO DA PUBLICIDADE
- Que é a publicidade?
Para que unha empresa poida vender os seus productos ou servizos, necesita que o público os coñeza. Con este fin, utilízase toda unha serie de técnicas de comunicación que se denomina publicidade. Mediante ese procedemento as empresas tratan de atraer a atención sobre un produto ou unha mensaxe, expertar o noso interese ou influír na nosa toma de decisións. Segundo o fin que persiga, a publicidade pode ser consumista ou educativa.
1. Investiga e explica no teu caderno a diferencia entre publicidade consumista e publicidade educativa.
2. Busca en revistas, televisión, internet... unha campaña publicitaria consumista e outra educativa. Despois identifica en ambas a mensaxe, o anunciante e o público ao que se refire. Anótaas no caderno.



ACTIVIDADE 3
REPASO DOS TIPOS DE EMPRESAS
Le a información que aparece na imaxe do libro e a continuación copia no teu caderno a seguinte táboa e completa a información que falta.






TIPOS DE EMPRESAS

Segundo o TAMAÑO (depende do número de empregados)
1. Microempresas: menos de 10 empregados.
2.
3.
4.
Segundo o SECTOR (depende da actividade económica)
1.
2.
3.
Segundo a FORMA DE ORGANIZACIÓN (depende do número de persoas que crean e xestionan a empresa)
1.
2.
3.

Agora realiza este traballo de investigación coa axuda dos teus pais.
1.    Investiga e identifica que membro da túa familia ou entorno traballa nunha empresa.
2.    Describe de que tipo de empresa se trata:
-       A QUE SE DEDICA A EMPRESA
-       TAMAÑO
-       SECTOR
-       FORMA DE ORGANIZACIÓN



Aquí tedes a tarefa de Ciencias Sociais para os próximos días. Estas actividades serven para repasar os contidos da Unidade 4 sobre o Sector Terciario e as Empresas.

NOTA IMPORTANTE:
Os que tedes pendente o traballo de Ciencias Socias deste segundo trimestre, rematádeo canto antes. Recordade que a data límite de entrega foi o mércores 18 de marzo, así que xa debería estar feito. Non acumuledes traballo!!! Podedes envialo ao meu correo: profeantia@gmail.com

Calquera dúbida xa sabedes como contactar conmigo. Podedes enviarme un correo cando o necesitedes, ou tamén se queredes contarme como levades estes días de cuarentena. Estarei encantada de recibir noticias vosas!!


MOITO ÁNIMO, CHIQUIPANDI!!💪

Espero veros moooi pronto!!😍

Bicos para vos e para as vosas familias!!

😘😘


13 comentarios:

  1. Antia eu queria engadirlle fotos ao meu trabello pero como agora todo esta pechado polo conoravirus non podo fotocopiar imaxenes para o meu traballo e eu quero presentalo coas imaxenes,que poido facer?(Abril)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bos días Abril,

      Non te preocupes polas imaxes. Debido a situación, entendo que o traballo non teña imaxes. Non pasa nada!!

      De todas formas, aquí tes dúas posibles solucións:

      1. Se o traballo está feito a ordenador, podes engadir e pegar no documento as imaxes que descargues de internet.

      2. No caso de que o traballo sexa a man, podes pegar imaxes de periódicos, revistas... que teñas na casa, ou facer os teus propios debuxos.

      De todas formas, se queres e podes, tamén é unha opción enviarme o traballo agora sen imaxes e unha vez que volvamos ao cole, entregarme o traballo con imaxes.


      Un bico moi grande e moito ánimo!!

      Estou aquí para todo o que necesites.

      Espero verte moi pronto!!

      Eliminar
    2. Antia o vou a pasar o traballo ao meu ordenador xa que me quedan por facer algunhas follas e o vou a facer en powwer poing. Moitas grazas por contestar.(Abril)

      Un bico GRANDE Antia

      Espero que toda a Chiquipandi nos poidamos a ver moi pronto!

      Eliminar
    3. Moi boa idea, Abril!! :)

      Calquera dúbida, aquí estou.

      Ánimo!!!

      Eliminar
    4. Ok calquera dubida que teña te consulto(Abril)

      Eliminar
  2. Master en que paxina web encontrase can do comenzou a revolution industrial

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Beni no primer video que deixou a mestra Antia hai pon cando comenzou a revolucion industrial(Abril)

      Eliminar
    2. Bos días Beni,

      Tes toda a información sobre a Revolución Industrial nos vídeos e páxinas web que vos deixei dentro da actividade 1.

      Gracias por contestarlle, Abril.

      Seguide traballando así!!

      Moito ánimo!!

      Un bico grande chicos, vémonos pronto!!

      Eliminar