Querida e adorada Chiquipandi, aquí atoparedes:


1. Vídeos, xogos e outras actividades para traballar os temas de Ciencias.

2. Fotos dos traballos e proxectos realizados na aula.

3. Fotos das festas, saídas e visitas.


xoves, 16 de xaneiro de 2020

Doutores e Doutoras de 6º EP.

Continuamos estudando o corpo humano. Estes días traballamos a Función de Relación e especializámonos nas partes do noso corpo que a compoñen.

1. ÓRGANOS DOS SENTIDOS: Vista, oído olfato, gusto e tacto.

2. SISTEMA NERVIOSO: Sistema nervioso central e periférico.

3. APARATO LOCOMOTOR: Sistema óseo e sistema muscular.

Para levar a cabo esta tarea traballamos por grupos: buscamos información nos ordenadores, vemos vídeos, poñemos en común todo o aprendido, etc.








 BO TRABALLO, Doutores e Doutoras!! 👏



CCNN. Unidade 3. A función de Relación: O aparato locomotor.

Vídeos relacionados co Aparato Locomotor.

O aparato locomotor 1

O aparato locomotor 2

O aparato locomotor: Sistema óseo

Curiosidades do Esqueleto

O aparato locomotor: Sistema muscular








xoves, 9 de xaneiro de 2020

Doutores e Doutoras de 6º EP.

Ao longo deste segundo trimestre, os membros da Chiquipandi estudaremos "O Corpo Humano" na materia de Ciencias Naturais.

Para coñecer máis de cerca o noso corpo, convertirémonos en doutoras e doutores e investigaremos paso a paso cada unha das partes do noso organismo, ata converternos en verdadeiros especialistas.

A continuación aparece un esquema do percorrido que faremos:

FUNCIÓN DE RELACIÓN
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
1. Órganos dos Sentidos
2. Sistema Nervioso
3. Aparato Locomotor
1. Aparato Reprodutor Feminino
2. Aparato Reprodutor Masculino
1. Aparato dixestivo
2. Aparato Respiratorio
3. Aparato Circulatorio
4. Aparato Excretor

Para comezar esta andadura, esta mañá diseñamos as nosas batas brancas.

Xa estamos preparados para esta aventura!!








 ÁNIMO CHIQUIPANDI!!! 💪💪💪