Como
xa vimos anteriormente, na función de nutrición interveñen o aparato dixestivo,
o aparato respiratorio, o aparato circulatorio e o aparato excretor.
A
continuación tedes un cadro no cal aparece resumida a función de cada aparato e
as distintas partes que o forman.
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
|
|||
APARATO DIXESTIVO
|
APARATO RESPIRATORIO
|
APARATO CIRCULATORIO
|
APARATO EXCRETOR
|
Encárgase
de realizar a dixestión.
Transforma os alimentos nos nutrientes que o organismo necesita.
|
Encárgase
do proceso da respiración. Toma o osíxeno do aire para que
chegue a todas as células do organismo, e expulsa o dióxido de carbono que se
xera nas células.
|
Encárgase
de distribuír a todas as células, os nutrientes e osíxeno que
necesitan. Tamén recolle as substancias de refugallo e o dióxido de
carbono que as células producen para levalos ata os órganos encargados de
expulsalos ao exterior.
|
Encárgase
de realizar a excreción. Elimina as substancias de refugallo que xeran
as células e que transporta o sangue.
|
- Tubo
dixestivo: composto pola boca, a farinxe,
o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.
-
Glándulas dixestivas: formado
polas glándulas salivares, o páncreas e o fígado.
|
- Vías
respiratorias: compostas polas fosas
nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios.
- Pulmóns: no seu interior atópanse os alveolos pulmonares.
|
- Vasos
sanguíneos: clasifícanse en veas,
arterias e capilares.
- Corazón: aurículas, ventrículos e válvulas.
- Sangue: glóbulos brancos, glóbulos vermellos, plaquetas e plasma sanguíneo.
|
-Aparato
urinario: composto dos riles, os
uréteres, a vexiga urinaria e a uretra.
- Glándulas
sudoríparas: atópanse na pel e producen
a suor.
|
Esta
semana estudaremos o Aparato
Circulatorio. Aquí tedes un vídeo para coñecer o Aparato Circulatorio e
para repasar os aparatos estudados anteriormente (aparato dixestivo e respiratorio).
- Vídeo Aparato
Circulatorio, Respiratorio e Dixestivo:
O APARATO CIRCULATORIO
O Aparato Circulatorio é o encargado de distribuír a todas as células
do organismo, os nutrientes e o osíxeno que necesitan. Tamén recolle as
substancias de refugallo e o dióxido de carbono que as células
producen para levalos ata os órganos encargados de expulsalos ao exterior. O
aparato circulatorio está formado polos vasos
sanguíneos, o corazón e o sangue que circula por eles.
ACTIVIDADE 1
Investiga o Aparato
Circulatorio nas seguintes páxinas web ou no libro de texto, e despois copia
a tabla no teu caderno e completa os espacios en branco coa información que
falta. Tamén podedes atopar as respostas nos vídeos da Actividade 2.
- O aparato circulatorio.
- O sangue.
- O corazón.
- Enfermidades do sangue.
Para saber máis sobre o aparato
circulatorio, botádelle un ollo a estas páxinas web.
|
||||||||||||||||||
ACTIVIDADE 2
Repasa o Aparato Circulatorio a
partir dos seguintes vídeos e xogos.
- Aparato Circulatorio: vasos
sanguíneos, corazón e sangue.
- Xogos: Aparato Circulatorio.
Veas e arterias.
Corazón.
Corazón (vista exterior).
Debuxa no teu caderno o CORAZÓN ou
descarga e pega no caderno a seguinte imaxe e nomea as súas partes. Non
esquezas colorear cada parte da súa cor (azul e vermello).
|
ACTIVIDADE 3
Realiza un traballo de
investigación nas páxinas web e vídeos dos exercicios anteriores e contestas
a estas tres preguntas no teu caderno. (Copiade as preguntas).
1. Explica
a diferenza entre circulación menor e circulación maior.
2. Explica
a diferenza entre os dous movementos do corazón: sístole e diástole.
3. Explica cales son as enfermidades que podemos sufrir derivadas do aparato circulatorio.
|
Aquí tedes a tarefa de Ciencias Naturais para os próximos días.
Traballade un pouco cada día e non acumuledes traballo de outras semanas. Todas as actividades de Ciencias Naturais da semana pasada xa teñen que estar rematadas. Organizade ben o traballo!!
Como xa vos dixen, calquera cousa que necesitedes, podedes falar conmigo a través do correo profeantia@gmail.com, deixando un comentario debaixo da publicación ou a través do chat do Blog.
Moito ánimo, Chiquipandi!!! Xa queda menos!! 💪
Un bico grande e un abrazo enorme!! 💗








